'Azuer Diario'
Rosalía de Castro (1837-1885) su lucha por la dignidad de los gallegos no tuvo parangón. |
Rosalía de Castro no habría votado a un amigo de contrabandistas y narcotraficantes
Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Cando foi, iba sorrindo, cando ven, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito. Aquel máis que neve Branco, aquel de dozuras cheo, aquel por quen eu vivía e sen quen vivir non quero. Foi a Castilla por pan e saramagos lle deron, déronlle fel por bebida, peniñas por alimento. Déronlle, en fin, canto amargo ten a vida no seu seo… ¡Casteláns, casteláns, tendes corazón de fero! ¡Ai!, no meu corazoncito xa non pode haber contento, que está de dolor ferido, que está de loito cuberto. Morreu aquel que eu quería e para min non hai consolo: so hai para min, Castilla, a mala lei que che teño. Permita Deus, casteláns, casteláns que aborrezo, que antes os galegos morran que ir a pedirvos sustento.
Castellanos que aborrezco; que mueran los gallegos antes que pediros sustento
Pois tan mal corazón tendes, secos fillos do deserto, que se amargo pan vos gañan, dádesllo envolto en venero. Aló van, malpocadiños, todos de esperanzas cheos, e volven, ¡ai!, sen ventura cun caudal de desprezos. Van probes e tornan probes, van sans e tornan enfermos, que anque eles son como rosas, tratádelos como negros. ¡Casteláns de Castela, tendes corazón de aceiro, alma coma as penas dura, e sen entrañas o peito! En tros de palla sentados, sen fundamentos, soberbios, pensas que os nosos filliños para servirvos naceron.
Castilla y castellanos, todos en un montón, no valen lo que una hierba de nuestros campos
E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coubo en máis fatuas cabezas ni en máis fatuos sentimentos. Que Castela e Casteláns, todos nun montón, a eito, non valen o que unha herbiña destes nosos campos frescos. Só pezoñosas charcas detidas no ardente solotes, Castela, que humedezan eses teus labios sedentos. Que o mar deixoute esquecidae lonxe de ti correronas brandas augas que traen de plantas sen sementeiros.
El pazo de la poetisa, hoy convertido en museo. |
Nin árbores que dean sombra, nin sombra que preste alento… Chaira e sempre chaira, deserto e sempre deserto… Esto che tocou, coitada, por herdanza no universo, ¡miserable fanfurriñeira!, triste herdanza foi por certo. En verdade non hai, Castela, nada coma ti tan feo, que aínda mellor que Castela valera dicir inferno. ¿Por que aló fuches, meu ben? ¡Nunca tal houberas feito! ¡Trocar campiños floridos por tristes campos sen rego!
¡Trocar tan claras fontiñas, ríos tan murmuradores por seco polbo que nunca mollan as bágoas do ceo! Mais, ¡ai!, de onda min te fuches sen dó do meu sentimento, e aló a vida che quitaron , aló a mortiña che deron. Morriches, meu queridiño, e para min non hai consolo, que onde antes te vía, agora, xa solo unta tomba vexo.
Triste como a mesma noite, farto de dolor o peito, pídolle a Deus que me mate, porque xa vivir non quero. Mais en tanto non me mata, casteláns que aborrezo, hei, para vergonza, heivos de cantar xemendo: ¡Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos: cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros!