MLFA - Sólo el amor me retuvo en Castilla, entre 2005 y 2015, tierra inhóspita y erial desértico, de gentas mezquinas y nada hospitalarias. Comparto el desprecio de Rosalía hacia Castilla. Residí en Manzanares y Alcázar de San Juan como director de obras de RENFE en línea Jaén-Zaragoza entre 1975 y 1978. "En verdade non hai, Castela, nada como ti tan feo, que aínda mellor que Castela, valera dicir inferno".
Dedicado a mi madre doña Elisa Fernández Armesto, fallecida en 1994 en Alicante
Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos, cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. Cando foi, iba sorrindo, cando vén, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito. Aquel máis que neve branco, aquel de dozuras cheo, aquel por quen eu vivía e sen quen vivir non quero. Foi a Castela por pan e saramagos lle deron; déronlle fel por bebida, peniñas por alimento.
Déronlle, en fin, canto amargo ten a vida no seu seo... ¡Casteláns, casteláns, tendes corazón de fero!¡Ai!, no meu coranzonciño xa non pode haber contento, que está de dolor ferido, que está de loito cuberto. Morreu aquel que eu quería e para min non hai consolo: so hai para min, Castela, a mala lei que che teño.
"So hai para min, Castela, a mala lei que che teño"
Permita Deus, casteláns, casteláns que aborrezco, que antes os galegos morran que ir a pedirvos sustento. Pois tan mal corazón tendes, secos fillos do deserto, que se amargo pan vos gañan, dádesllo envolto en venero. Aló van, malpocadiños, todos de esperanzas cheos, e volven, ¡ai! sen ventura con caudal de desprezos.
Van probes e tornan probes, van sans e tornan enfermos, que anque eles son como rosas, tratádelos como negros. ¡Casteláns de Castela, tendes corazón de aceiro, alma como as penas dura, e sen entrañas o peito!
En tros de palla sentados, sen fundamentos, soberbios, pensas que os nosos filliños para servirvos naceron. E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coubo en máis fatuos sentimentos. Que Castela e Casteláns, todos un montón, a eito, non valeno que una herbiña destes nosos campos frescos.
So pezoñosas charcas detidas no ardente solo tes, Castela, que humedezan eses teus labios sedentos. Que o mar deixoute esquecida e lonxe de ti correron as brandas augas que traen de plantas sen sementeiros.
Nin árbores que dean sombra, nin sombra que preste alento... Chaira e sempre chaira, deserto e sempre deserto... Esto che tocou, coitada, por herdanza no universo, ¡miserable fanfurriñeira! triste herdanza foi por certo.
En verdade non hai, Castela, nada como ti tan feo, que ainda mellor que Castela valera dicir inferno
¿Por que aló fuches, meu ben?¡Nunca tal houberas feito! ¡Trocar campiños floridos por tristes campos sen rego! ¡Trocar tan claras fontiñas, ríos tan murmuradores por seco polvo que nunca mollan as báguas do cel!
Mais, ¡ai!, de onda min te fuches sen dó do meu sentimiento, e aló a vida che quitaron, aló a mortiña che deron. Morriches, meu queridiño, e para min non hai consolo, que onde antes te via, agora, xa solo una tomba vexo.
Triste como a mesma noite, farto de dolor o peito, pídolle a Deus que me mate, porque xa vivir non quero.
Mais en tanto no me mata, casteláns que aborrezco, hei, para vergonza, heivos de cantar xemendo:
¡Casteláns de Castela, tratade ben ós galegos: cuando van, van como rosas; cuando ven, vén como negros!